Tipo: Libro Colección: . Materias:
Para consultas:
Compartir en:
En todos estes anos, foron moitas as organizacións, entidades, asociacións e organismos que presentaron propostas orientadas á mellora do campo das artes escénicas. Nun momento en que se deixa sentir unha fonda preocupación arredor do futuro dun sector que noutros países do noso contorno xeográfico e cultural se considera estratéxico, e que goza de medidas específicas de promoción e fomento, polo valor engadido e os retornos de todo tipo que ofrece á sociedade que o sustenta, resulta oportuno que desde o Consello da Cultura Galega, seguindo a pauta establecida na súa Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, se propoñan liñas posibles de actuación que se poidan ter en conta á hora de que as administracións públicas tomen iniciativas que garantan o pleno desenvolvemento de manifestacións e prácticas artísticas que, amais da profesional, tamén teñen unha importante dimensión comunitaria e escolar. A Sección de Música e Artes Escénicas presenta, así, un documento para que as administracións públicas, as institucións e os axentes das artes escénicas de Galicia poidan establecer marcos de encontro e deliberación nos que deseñar plans estratéxicos para as ditas artes, que permitan o seu pleno desenvolvemento e unha converxencia real con Europa.
Titulo artes escénicas en Galicia, As
Subtítulo Situación e perspectivas
Limiar Manuel F. Vieites
Presentación Maximino Zumalave Caneda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 87 p. ; 28 cm.
Notas O ISBN impreso neste libro é erroneo, xa que duplica o do libro Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe [Exposición]
ISBN. Ed. papel 978-84-92923-54-0
Depósito Legal. Ed. papel C 2311-2013
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2013 442
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11404726
Colección Datos & Informes
Materias
Código QR