Tipo: Partituras Materias:
Para consultas:
Compartir en:
Homenaxe do Consello da Cultura Galega, Bicentenario de nacemento de Rosendo Salvado (1814-2014).

Esta publicación conmemora o bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado a través de tres das súas obras para piano: O Gran walz fantástico, A Fantasía, variaciones y final e Pequeño entretenimiento con aire de marcha.

Nelas atópanse trazos dun boísimo pianismo do século XIX, escrito por un sabio compositor, dotado de elevados coñecementos e alta sensibilidade, que traduce en pentagramas os sentires do tempo seu. Trátase dun exemplo da máxima modernidade que existía cando as obras foron compostas por un músico que preferiu doar todo o que bulía nas ilusións súas soamente ao ensino e ao coidado dos que nada tiñan.
Titulo Obras para piano
Subtítulo Rosendo Salvado
Música. Composición Frei Rosendo Salvado
Presentación Enrique Jiménez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 51 p. ; 30 cm.
ISMN. Ed. papel 979-0-9013197-3-8
Depósito Legal. Ed. papel C 470-2014
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2014 450
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11404739
Código QR