O obxectivo do seguinte documento de traballo é presentar datos estatísticos relacionados coa situación actual das mulleres en Galicia no referente ás súas relacións coa cultura a partir dalgúns indicadores relacionados coa formación, co consumo cultural e coa participación no eido cultural. Deste xeito, repásase dende os seus usos das TIC no ámbito da cultura, a súa presenza no emprego cultural e as súas preferencias no tempo de ocio ou nos seus hábitos culturais, entre outros. A análise realizada permitiu detectar diferenzas entre homes e mulleres nos ámbitos investigados. A razón pola que non se estudaron outros ámbitos é a escaseza de indicadores de xénero nas estatísticas culturais, un feito que cómpre poñer de manifesto para palialo na medida do posible en vindeiras operacións estatísticas.
Título Muller na Cultura Galega (I), A
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Descrición física 29 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR