A figura de José Rubia Barcia, como creador, profesor e crítico literario, tivo altos e baixos no aprecio que lle prestaron os seus coetáneos residentes en España. Esquecido durante moitos anos, tivo que batallar para ver publicados algúns dos seus libros, que só grazas ao mecenado de persoas como Isaac Díaz Pardo acabaron por saír a lume na década dos oitenta. Logo, grazas ás xentes de Ferrol, nomeadamente da revista Ferrol Análisis, a obra e a peripecia vital de Rubia Barcia foi evocada e estudada. Pero a súa biografía nunca fora abeirada como é nesta obra, baseada na longa entrevista que o profesor J. M. González Herrán lle fixo no verán de 1985 e que ben pode considerarse unha «autobiografía» de Rubia Barcia. Por iso leva o título de Una vida contada, porque se trata dunha síntese persoal e autorizada da biografía de José Rubia Barcia, que vai desde o seu Mugardos natal, pasando pola Granada dos estudos universitarios ou a experiencia da Guerra Civil, para acabar facendo os traballos máis diversos nos seus longos anos de exilio, como guionista e dobrador de cine con Luis Buñuel e, finalmente, como profesor na UCLA, no ronsel doutro galego medio esquecido que foi César Barja. A colección As Nosas Voces, na que desde hai moitos anos vimos dando a lume textos dos nosos ilustres exiliados, acolle con satisfacción esta orixinal conversa autobiográfica, editada como texto pero arrequecida coa propia voz do entrevistado.
Título José Rubia Barcia
Unha vida contada
Edición José Manuel González Herrán
Entrevista José Manuel González Herrán
Limiar José Manuel González Herrán
Obxecto de estudo José Rubia Barcia
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 1ª edición
Descrición física 139 p. ; 15 cm. + 1 CD de audio.
Notas O ficheiro comprimido adxunto (.zip) contén dez ficheiros mp3.
ISBN 978-84-92923-57-1
Depósito Legal C 988-2014
CCG. Signatura CCG 2014 451
Url externa Catálogo RBG
Colección As nosas voces; Núm:24
Materias
Áreas
Código QR
# Pista
1 Unha vida contada 01
2 Unha vida contada 02
3 Unha vida contada 03
4 Unha vida contada 04
5 Unha vida contada 05
6 Unha vida contada 06
7 Unha vida contada 07
8 Unha vida contada 08
9 Unha vida contada 09
10 Unha vida contada 10