Nos últimos anos os xeitos de consumo dos medios de comunicación están a experimentar unha muda significativa, sobre todo polo aumento do uso de internet de forma cotiá. Ademais, as diferenzas demográficas ou socioeconómicas da estrutura poboacional galega tamén inflúen no uso da radio ou a televisión ao igual que variables como a idade, por exemplo. Neste informe analízase a evolución no consumo que a poboación galega fai destes dous medios.
A televisión, pola súa banda, experimentou unha evolución considerable nos últimos anos debido aos avances tecnolóxicos coa introdución da TDT, as canles temáticas, a introdución de 3D ou a televisión por internet, por poñer algún exemplo, que fai que o consumo televisivo se manteña ou mesmo se incremente.
O cesamento da televisión analóxica en 2010 produciu un xiro importante na oferta televisiva. En Galicia o proceso de transición da televisión analóxica á televisión dixital levouse a cabo en 2010.
Ao igual que sucede coa televisión, a oferta de radio tamén se ven incrementando nos últimos vinte anos, sobre todo a partir do ano 2000 no que aumentaron considerablemente o número de estacións de radio por internet. Na actualidade a porcentaxe de oíntes de radio en Galicia acada un 61,38%.

Título | Televisión e radio en Galicia |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 11 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
Colección | Datos & Informes |
Materias | |
Código QR |