A industria cinematográfica tanto na comunidade galega como no conxunto do Estado está a pasar por momentos difíciles. Hai que buscar as causas disto entre as profundas transformacións ás que se viron sometidos os distintos axentes do audiovisual por mor do avance das novas tecnoloxías, a reconversión do modelo tradicional que mudou a elección e o consumo dos espectadores de cine, a copia e difusión ilegal de contidos e máis recentemente, as políticas fiscais que sitúan a España na quinta posición dos países europeos cun IVE máis alto para esta manifestación cultural.

Neste documento de traballo analízanse os indicadores máis significativos da actividade cinematográfica en Galicia como a produción, exhibición, distribución, infraestrutura, recadación ou difusión, entre outros. A fonte de información utilizada para a meirande parte destes datos é a Estatística de Cinematografía desenvolvida pola Subdirección Xeral de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual, do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), dependente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Título cine en Galicia [2013], O
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013
Edición 1ª edición
Descrición física 16 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR