Este documento de traballo ciméntase sobre tres piares informativos fundamentais que permiten achegarse á realidade das entidades sen ánimo de lucro en Galicia: o grao de asociacionismo na sociedade galega, a recompilación de datos estatísticos básicos sobre as entidades asociativas sen ánimo de lucro e as diferentes vías de financiamento destas. Cómpre salientar as dificultades metodolóxicas que supón detectar estas fontes económicas. No caso deste traballo, só se teñen en conta aquelas que contan con publicidade e poden ser consultadas nalgún rexistro ou boletín.
Título | cultura e as entidades sen ánimo de lucro, A |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 28 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
Colección | Datos & Informes |
Materias | |
Código QR |