O seguinte documento de traballo ofrece información relativa ao emprego cultural dende diferentes perspectivas a partir de distintas fontes estatísticas. Para a súa elaboración tivéronse en conta, entre outras, a metodoloxía do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na súa operación estatística de emprego cultural, así como a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estadística. Inclúense as persoas ocupadas que desenvolven a súa actividade laboral no ámbito cultural, o que permite valorar a magnitude do emprego deste sector e coñecer as súas características principais. Esta operación estatística ofrece unha visión global da cuestión. A segunda análise realizouse a partir dos datos de afiliacións á Seguridade Social do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Esta perspectiva permite unha visión pormenorizada do emprego no referente á distribución xeográfica, réxime de cotización e outras variables, pero limita o ámbito de estudo ás empresas culturais, deixando á marxe aqueles traballadores con ocupacións culturais noutro tipo de actividades económicas. Realízase tamén unha análise dos datos ofrecidos por este ministerio no referente ás contratacións. Deste xeito púidose analizar o emprego cultural dende o enfoque das ocupacións (profesións culturais) e dos principais agregados de actividade económicas (empresas culturais). En último lugar, a partir dos datos de paro rexistrado, ofrécese unha panorámica dos desempregados con profesións culturais e artísticas.
Titulo emprego cultural en Galicia, O
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015
Edición 1ª edición
Descrición física 19 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
DOI Carece
Colección Datos & Informes. O emprego cultural en Galicia
Áreas
Código QR