Desde hai máis de cinco anos o Consello da Cultura Galega vén colaborando co Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela na tarefa de ordenar, cata- logar e pór ao dispor de historiadores e investigadores materiais e documen- tos do rico e, en boa parte, descoñecido acervo histórico catedralicio.
Neste caso trátase do Catálogo das cartas dos axentes na Corte de Madrid (1801-1835) do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela, unha sistematización capaz de converter en materia de efectiva consulta esa serie documental. As cartas permitirán achegar datos e, se cabe, abrir novas hipóteses sobre aspectos da historia de Galicia no primeiro terzo do século XIX.
Titulo Catálogo das cartas dos axentes na corte de Madrid (1801-1835) do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela
Autoría Paulo Nogueira
Presentación José María Díaz Fernández
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 544 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
. Ed.
Colección Fontes para a Historia de Galicia; Núm:12
Materias
Código QR