Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2015 en homenaxe a Xosé F. Filgueira Valverde, o Consello da Cultura Galega publicou en edición facsimilar Os nenos, a primeira obra literaria do autor. Trátase dunha peza literaria curta, composta por quince historias breves que narran sucedidos de nenos de vila e de aldea, con referencias territoriais non moi precisas a varios lugares que ben poderían identificarse coas que serían as cidades máis amadas polo autor: Pontevedra e Santiago de Compostela. Alén dos textos, a edición orixinal preséntase ilustrada polas «ornamentacións» doutro pontevedrés, Luís Pintos Fonseca, e polo deseño da capa e da contracapa por parte do «xenial artista» Alfonso Castelao. Hónrase así a memoria dun dos grandes polígrafos da cultura galega do século pasado, á que contribuíu cunha extensa obra persoal de creación e de investigación en varios campos humanísticos e coa súa imlicación na fundación de institucións moi principais da cultura galega, desde o Seminario de Estudos Galegos ata o Museo de Pontevedra.
Título Os nenos
Autoría Xosé Filgueira Valverde
Estudo Fina Casalderrey
Miguel Fernández-Cid
Ilustración David Pintor
Limiar Ramón Villares
Obxecto de estudo Xosé Filgueira Valverde
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015
Edición 1ª edición
Descrición física 63, [XXVIII] p. : il. , cor; 22 cm.+ , [7] f. de lám.
Notas Edición do Consello da Cultura Galega como homenaxe ao escritor Xosé Filgueira Valverde, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2015.
Contén: Limiar / por Ramón Villares -- Estudos: Un latexar pola causa galega / por Fina Casalderrey -- Estudos: Filgueira Valverde e Pintos Fonseca / por Miguel Fernández-Cid -- Facsímile: Os nenos / por Xosé Filgueira Valverde ; con ornamentacións de Luis Pintos Fonseca -- 7 láminas ilustradas por David Pintor.
Reprod. facs. da ed. de: Pontevedra : Lar, 1925 (na Casa de Antúnez)
Edición de cincocentos exemplares numerados.
ISBN 978-84-92923-61-8
Depósito Legal C 428-2015
Materias
Áreas
Código QR