O día 27 de outubro de 2014 foi rexistrado un escrito subscrito pola Asociación Autonómica COVA CREA e a Asociación Autonómica Ambiental PETÓN DO LOBO, con domicilio en Silleda (Pontevedra), no que se solicitaba ao Consello da Cultura Galega, en función das súas atribucións autonómicas, dirixirse á Consellería de Medio Ambiente, ás administración locais e autonómicas e á empresa Unión Fenosa, S.A. para que esta última modifique o trazado previsto da liña eléctrica LAT 132 KV Irixo- Lalín polas súas afeccións sobre o patrimonio natural e cultural da contorna do monumento natural da Fraga de Catasós e, máis nomeadamente, da fraga de Casas Vellas.

Despois de valorado o escrito, a Comisión Executiva considerou que entraba dentro das competencias deste alto organismo asesor da Comunidade Autónoma galega o emitir un informe ao respecto e acordou, con data de 30 de outubro de 2014, solicitarllo a Francisco Díaz-Fierros Viqueira, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade. Unha vez recibido o informe elaborado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Pablo Ramil Rego, a Comisión Executiva aprobou, na reunión do 1 de abril de 2015, emitiu este informe.
Titulo Informe sobre as afeccións ao patrimonio natural e biodiversidade da liña eléctrica LAT 132 KV (O Irixo-Lalín)
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 11 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal. Ed. pdf Carece
Materias
Código QR