A posta en marcha da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia implica contar cun grupo de profesionais que posúan un coñecemento altamente especializado das artes escénicas e un amplo abano de coñecementos relacionados coa función docente.
Con este informe, a Comisión Técnica de Teatro do Consello da Cultura Galega pretende ofrecer a todas aquelas persoas interesadas na función docente no eido da Arte dramática un conxunto de materiais que poidan servir para tomar conciencia das características da función docente e asumir os seus principios, problemáticas e desafíos dado que as ensinanzas artísticas presentan unha serie de trazos e peculiaridades sumamente específicas e diferenciais.
Título arte dramática e función docente, A
Autoría José Antonio Caride
Felipe Trillo
Manuel F. Vieites
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Música e Artes Escénicas; Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2004
Edición 1ª edición
Descrición física 361 p. ; 22 cm.
ISBN 84-95415-95-X
Depósito Legal C 46-2005
CCG. Signatura CCG 2005 272
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Código QR