Esta publiación é o resultado dun intenso labor científico-pedagóxico, que agora se presenta coas partituras revisadas. Un libro con material dabondo orientado aos nenos a partir de oito anos e onde se inclúen pezas para piano só; piano, voz e percusión; piano a catro mans e dous pianos. Unha metodoloxía individual e colectiva que lles permitirá aos mestres dos conservatorios e das escolas de música desenvolver as súas clases dun xeito progresivo e ameno.
Título Arco da vella
Método de piano (Baseado na música folclórica de Galicia)
Autoría Antonio Cerviño
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014
Edición 3ª edición
Descrición física 86 p. ; 30 cm.
Notas 1ª edición, 1999
2ª edición, 2002
ISBN 978-84-92923-59-5
ISMN 979-0-9013197-4-5
Depósito Legal C 1521-2014
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR