Neste ensaio sobre a liturxia en galego Ferro Ruibal estuda a significación social e teolóxica de que Xesús falase e rezase en arameo e non en hebreo; de que os apóstolos (Novo Testamento) incorporasen xa o grego e que axiña se incorporase tamén o latín popular; de que no 813 un Concilio de Tours xa mande predicar nas modernas linguas romances e xermánicas; e de que o Concilio de Trento (1562) mande xa predicar e facer catecismos en tódalas linguas vivas pero daquela os bispos de Galicia, todos foráneos, enténdeno como lingua castelá. E, aínda que a fraseoloxía galega mostra que a lingua galega está moldeada pola relixión cristiá, o certo é que O Novo Testamento non aparece ata 1979, o Misal en 1986 e a Biblia completa aparecerá en 1988, cando o galego xa é lingua cooficial dende 1981. En Anexo ofrécense 13 documentos ilustrativos posteriores a 1969.
Titulo igrexa e a lingua galega, A
Subtítulo Ensaio
Autoría Xesús Ferro Ruibal
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1987
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 96 p. : il. ; 24 cm
ISBN. Ed. papel 84-505-5527-2
Depósito Legal. Ed. papel C 304-1987
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 1988 7
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10121872
ISBN. Ed. pdf 84-505-5527-2
Depósito Legal. Ed. pdf C 304-1987
Materias
Áreas
Código QR