O Consello da Cultura Galega presenta este inventario das fontes documentais da Idade Media en Galicia que chegaron aos nosos días co obxectivo fundamental de servir de instrumento que conduza á marcha no camiño de facer accesible ao coñecemento científico a documentación medieval de Galicia. Este traballo pretende ser unha ferramenta útil para as futuras investigacións, coa que se trataba de coñecer o número de pezas documentais de elaboración medieval chegadas aos nosos días no soporte da Idade Media e non a través de copias de épocas posteriores, a súa distribución por séculos, o lugar da súa conservación e localización, e tamén o seu estado de catalogación e edición.
Non se inventariou toda a documentación medieval por dificultades de tempo e medios materias, se ben as lagoas que existen están detectadas e localizadas para futuras achegas.
Titulo Inventario das fontes documentais da Galicia Medieval. I.
Coordinación Xosé Ramón Barreiro Fernández
Dirección Ermelindo Portela Silva
María del Carmen Pallares Méndez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1988
Edición 1ª edición
Descrición física 120 p. ; 24 cm
ISBN 84-87172-00-8
Depósito Legal C 1545-1988
CCG. Signatura CCG 1988 8
Url externa Catálogo RBG
Colección Colección do Patrimonio Histórico
Materias
Código QR