A principios do século XX a metodoloxía de recollida de datos máis utilizada en estudos antropolóxicos foi a técnica de enquisas, cunha batería de preguntas enviadas a persoas que actuaban como intermediarias entre a sociedade tradicional e a persoa investigadora. Unha destas iniciativas apareceu en 1901 baixo o título Información promovida por la Sección de Ciencias Morales y Políticas del Ateneo de Madrid en el campo de las costumbres populares y en los tres hechos más característicos de la vida: el nacimiento, el matrimonio y la muerte, da que eran autores R. Salillas, J. Puyol, C. Bernaldo de Quirós, E. García Herreros, G. Pedregal e R. Camarón.
O Consello da Cultura Galega presenta nesta obra os datos referidos a Galicia recollidos nese cuestionario e que chegaron aos nosos días. Este non pretende ser un estudo exhaustivo da enquisa, senón un documento divulgativo para que sirva de fonte de información, en galego, en futuras investigacións sobre a nosa cultura popular.
Titulo Nacemento, casamento e morte en Galicia
Subtítulo Repostas á enquisa do Ateneo de Madrid, (1901-1902)
Coordinación Xosé Manuel González Reboredo
Notas Xosé Ramón Mariño Ferro
Transcrición Carme Hermida
Manuel Lado
Gabriel Rei-Doval
Tradución Carme Hermida
Manuel Lado
Gabriel Rei-Doval
Versión galega Carme Hermida
Manuel Lado
Gabriel Rei-Doval
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Comisión de Antropoloxía, 1990
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Comisión de Antropoloxía
Descrición física 219 p. ; 23 cm.
Notas Na portada: Comisión de Antropoloxía
ISBN. Ed. papel 84-87172-60-1
Depósito Legal. Ed. papel C 1510-1990
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 1990 21
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10121778
ISBN. Ed. pdf 84-87172-60-1
Depósito Legal. Ed. pdf C 1510-1990
Colección Colección Textos e documentación de antropoloxía cultural de Galicia
Materias
Código QR