Tipo: Libro. Actas Materias:
Compartir en:
Los nacionalismos en la España de la II República recolle as ponencias presentadas ao Simposio que se celebrou no Pazo de Mariñán (A Coruña) do 29 de setembro ao 1 de outubro de 1988, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, en conmemoración do centenario do nacemento do intelectual galeguista Ramón Otero Pedrayo (1888-1976). Nunha perspectiva interdisciplinar, os máis destacados investigadores españois do tema (historiadores, politólogos, xuristas e sociólogs) abordan, por primeira vez no seu conxunto, a cuestión nacional na España dos anos 1931 a 1939. O libro estrutúrase en tres sección, respectivamente centradas en cada un dos aspectos maiores do problema. A primeira delas dá conta dos máis importantes partidos e ideoloxías que construían en aquel contexto os diversos movementos nacionalistas. A segundo céntrase en torno ás bases sociais, apoios políticos e potenciais destinatarios das prácticas e interpelacións ideolóxicas nacionalistas. A terceira, en fin, atende ás diversas propostas para a remodelación territorias do Estado español (federalismo, autonomía, independentismo, etc.). A presente obra constitúe a primeira reflexión coletiva e en toda a súa complexidade deferenciaza sobre a natureza político-ideolóxica e apoios sociais dos diferentes movementos nacionalistas e rexionalistas da España dos anos trinta, considerados pola historiografía como un dos factores clave daquela escena política, desencadeantes da crise político-militar dunha experiencia republicana.
Título nacionalismos en la España de la II República, Los
Coordinación Xusto G. Beramendi
Ramón Máiz Suárez
Ilustración Pedro Arjona
Publicación Santiago de Compostela; Madrid: Consello da Cultura Galega; Siglo XXI de España, 1991
Edición 1ª edición
Descrición física XV, 496 p. ; 24 cm.
ISBN 84-323-0710-6
Depósito Legal M 5089-1991
Materias