O Consello da Cultura Galega axúntase ás celebracións do ano dedicado a Luís Seoane con este cartafol e cun volume de traballos espallados, froitos en sazón da súa sabencia e da súa precursora capacidade crítica. Sinxelo tributo a un artista integral que cultivou a creación con orixinalidade en tódolos eidos das letras e da plástica: debuxo, pintura, gravado, cerámica ... Foi un dos grandes artistas galegos do noso tempo, pero tamén un dos mellores servidores da identidade galega, aquí e coas xentes da diáspora.
Título Sobre a arte galega
Homenaxe do Consello da Cultura Galega
Autoría Luís Seoane
Deseño Pepe Barro
Xose Diaz
Xosé Salgado
Lía Santana
Presentación Xosé Filgueira Valverde
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1994
Edición 1ª edición
Descrición física 74 p. ; 22 cm.
Notas Edición numerada de cincocentos exemplares.

Contén: 1.- Presentación/ por Xosé Filgueira Valverde. 2.- Arte Galega; Anotacións sobre a creación artística; Nota sobre a Arte Galega/ Luís Seoane.
Textos recollidos e editados en Cadernos da Gadaña, nº 0, Editorial Brais Pinto Madrid, 1979.

ISBN 84-87172-88-1
Depósito Legal B 15807-1994
CCG. Signatura CCG 1994 70
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR