Edición a cargo do Grupo Marcelo Macías de Colaboradores do Museo e Arquivo Provinciais de Ourense e do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, na celebración do centenario do Museo Arqueolóxico Provincial, na que quixeron render homenaxe ás persoas que contribuíron á formación de dito museo e ao espallamento da investigación antropolóxica en terras aurienses.
A recuperación da palabra destes protagonistas é un intento de achegarnos ao seu lado máis humano.
Título No centenario do Museo Arqueolóxico de Ourense
Coordinación Afonso Vázquez-Monxardín
Locución Afonso Cid González
Conferencia Xesús Ferro Couselo
Florentino López Cuevillas
Xaquín Lorenzo Fernández
Ramón Otero Pedrayo
Xesús Taboada Chivite
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, Grupo Marcelo Macías, 1995
Edición 1ª edición
Descrición física 1 estoxo (4 casetes)
Notas Contén:
Casete 1.- Disertación de Xesús Ferro Couselo: Orixe e formación da cidade de Ourense (Colexio Médico de Ourense, 06/04/68).

Casete 2.- cara A: Entrevista a Xoaquín Lorenzo Fernández, “Xocas”, sobre as súas lembranzas de Ourense (outubro 1967); cara B: Entrevista a Xoaquín Lorenzo Fernández, “Xocas”, sobre cultura galega en xeral (maio 1979).

Casete 3.- Discurso de Ramón Otero Pedrayo: Ourense, as súas terras e xentes (Centro Ourensán de Bos Aires, xullo de 1959).

Casete 4. – Disertación de Xesús Taboada Chivite: Florentino López Cuevillas (Museo Arqueolóxico de Ourense, 17/06/68).
Depósito Legal OUR 16-1995
CCG. Signatura CCG 1995 75
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas