Estudios migratorios é unha publicación de periodicidade semestral editada polo Arquivo da Emigración Galega. O seu obxectivo é servir de punto de encontro e reflexión para os investigadores sobre os movementos migratorios en xeral, e sobre os galegos en particular, acollendo nas súas páxinas diversas investigacións sobre esta temática desde diferentes perspectivas científicas.

Este primeiro número, editado en decembro de 1995, contén os estudos:

  • As sociedades galegas de instrucción

  • A inmigración galega en Uruguai

  • Censos, movemento natural e saldos migratorios

  • A historia demográfica de Cuba na primeira metade do século XX

Título Estudios Migratorios N.º 1 (decembro de 1995)
Edición María Xosé Rodríguez Galdo
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Vicente Peña
Autoría Fausto Dopico
Marcelino Fernández Santiago
María Teresa García Domínguez
Abel Losada Álvarez
María Esther Olveira Olveira
Vicente Peña
Carlos Zubillaga
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1995
Edición 1ª edición
Notas Textos en castelán e galego.
A partir de 2008 cambia o título a: Estudos migratorios: revista galega de análise das migracións
ISSN 1136-0291
CCG. Signatura CCG 1995 80
Url externa Catálogo RBG
Colección Estudos Migratorios
Materias
Áreas
Código QR