A Sección e o Arquivo de Comunicación editan anualmente a revista Estudios de Comunicación, a primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia.
Os estudios de comunicación cumpriron dez anos na universidade galega. A primeira que se implantou foi a titulación de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago, no curso 1991-1992. No curso 1994-1995, a Universidade de Vigo, na súa Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, estableceu os estudios de Publicidade e Relacións Públicas. Comezou así un proxecto que hoxe segue dando froitos e que no futuro verá ampliado o seu campo de acción, logo da decisión das autoridades do país de que a partir do curso 2003-2004 a universidade galega imparta a titulación de Comunicación Audiovisual. A Universidade da Coruña ofrecerá desde o curso 2003-2004 un segundo ciclo desta licenciatura, mentres que as universidades de Vigo e Santiago comparten unha licenciatura de ciclo completo, que previsiblemente tamén comezará no segundo ciclo desde o curso 2003-2004.
Este número de Estudios de Comunicación xa estaba planificado cando as autoridades do país decidiron autoriza-la implantación da titulación de Comunicación Audiovisual, insistentemente reclamada nos últimos anos. Con todo, unha primeira parte ofrece artigos de profesores das tres universidades sobre a formación dos comunicadores en Galicia, a importancia que tivo a
implantación destes estudios na universidade galega e sobre as perspectivas de futuro. Unha segunda parte da publicación recolle artigos de investigadores de distintas universidades do Estado sobre diversos temas como o traballo xornalístico de Antón Avilés de Taramancos, a información cultural, a retransmisión do ciclismo en Galicia e a información das empresas en temporadas de crise económica.

Título | Estudios de Comunicación N.º 2 (2003) |
Dirección |
Xosé López García |
Autoría |
Rosa Aneiros Domingo Docampo Francisco Esteve Ramírez Xaime Fandiño Manuel Fernández Areal Fernando Garrido Óscar Juanatey Boga Xosé López García Valentín Alejandro Martínez Fernández Alberto Pena Emili Prado Juan Carlos Rodríguez Sánchez Xosé Rúas Araújo José Francisco Sánchez Xosé Soengas Ramón Villares |
Presentación |
Xosé López García |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo de Comunicación. Sección de Comunicación, 2003 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 219 p.: il. ; 24 cm. |
Notas | Periodicidade: Semestral |
ISSN | 1578-4916 |
CCG. Signatura | CCG 2003 248 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Estudos de Comunicación |
Materias | |
Código QR |