As Actas dos II Encontros pola Normalización Lingüística recollen os relatorios presentados con ocasións destes Encontros, celebrados en outubro de 1998, coa participación de expertos, e a asistencia de estudiantes e traballadores dos servicios lingiísticos e de normalización lingüística de diversas institucións galegas, sobre todo do ámbito municipal. O seu obxectivo era anima-lo debate para contrastar experiencias, procurar novos recursos e alternativas ó redor das necesidades de formación dos técnicos e deseñar propostas encamiñadas á extensión territorial e a coordinación dos Servicios de Normalización Lingüística. Coa publicación destas Actas, a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e o APNL esperan contribuír ó arrequentamento deste debate e á producción de materiais de utilidade para os profesionais da lingua e de interese para tódolos interesados pola problemática da promoción do idioma galego.
Título Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística
(28, 29, 30 de outubro de 1998)
Edición Ana B. Domínguez Salgado
Susana Mayo Redondo
Daniel Romero Rodríguez
Autoría Xulio César Álvarez Docampo
Julio Álvarez Núñez
José Antonio Álvarez Vidal
Carles Anguela
Jordi Bañeres
Beatriz Bascoy
Carlos Casares
Xesús Costas Abreu
Antón Dobao
Valentina Formoso Gosende
Iolanda Galanes
Socorro García Conde
Valentín García Gómez
Manuel González González
Alberte González Montañés
Bernat López
Anxo M. Lorenzo Suárez
Joan Majó
Henrique Monteagudo
Manuel Regueiro Tenreiro
Modesto Aníbal Rodríguez Neira
Isabel Vaquero Quintela
Rafa Villar
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Lingua. Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, 1999
Edición 1ª edición
Descrición física 345 p. : il. ; 24 cm.
ISBN 84-87172-49-0
Depósito Legal C 1960-1999
CCG. Signatura CCG 1998 148
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR