¿Cales son as motivacións principais que nos apuxaron a organizar estes III Encontros para a Normalización Lingüística? Constatamos unha profunda insatisfacción no sector, moito máis reducido do que sería de esperar pero xa de proporcións e importancia considerables, das persoas que traballan pola promoción do idioma galego.
A creación de servicios e equipos lingüísticos e de dinamización sociolingüística constitúe unha ferramenta de importancia estratéxica para achegármonos a este obxectivo. Pero as persoas que desenvolven o seu labor neles precisan sentirse partícipes dun proceso colectivo que avanza, todo o cautelosamente que se considere oportuno pero con firmeza e sen trasacordos, cara a uns obxectivos que non teñen que ser grandiosos, abonda con que sexan concretos, e que poden ser modestos pero polo menos deben ser discernibles.
Os organismos públicamente responsables disto, comezando polo propio Consello da Cultura Galega, deben facer todo o posible para que ninguén se sinta illado, sen apoio, sen perspectivas, sen motivacións e sen medios á hora de realizar a súa contribución para o fomento dun dos nosos bens, cultural e colectivo, máis valioso, un ben que anda, non nos enganemos, en moito perigo: o idioma do país.
Título Actas dos III Encontros para a Normalización Lingüística
28 e 29 de outubro de 1999
Edición Ana B. Domínguez Salgado
Susana Mayo Redondo
Daniel Romero Rodríguez
Autoría Luís Bará Torres
Juan Manuel Díaz Villoslada
Benxamín Dosil López
Jorge Fente
Valentina Formoso Gosende
Marcos Lorenzo
Miquel de Moragas
Manuel Portas
Daniel Romero Rodríguez
Xaime Subiela
Isabel Vaquero Quintela
Xosé Manuel Varela Varela
Presentación Domingo Bello Janeiro
Carlos Casares
Benxamín Dosil López
Valentín García Gómez
Susana Mayo Redondo
Henrique Monteagudo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, 2000
Edición 1ª edición
Descrición física 345 p. : il. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-22-4
Depósito Legal C 2167-2000
CCG. Signatura CCG 2000 162
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR