Falar das relacións entre comunicación e cultura é facelo dun ámbito básico de importancia esencial no eido da ciencia e de indiscutible presencia na vida social. Seguramente se trate da encrucillada na que cadran case tódolos puntos de partida e tódolos cabos de chegada que tentan definir aspectos relacionados coa lingua, coa literatura, coa arte, coas ciencias sociais e da comunicación. Por outra banda, termos como identidade, coas ramificacións que poida ter a través das distintas disciplinas que se ocupen de definila, descansan de xeito decisivo na cultura e na comunicación, pero, por suposto, no binomio inseparable que entre os dous se tece de xeito tan estreito que xa é dificil, ou quizais ata imposible, pensar no feito cultural sen a presencia do fenómeno comunicativo, e viceversa. E é que -digámolo dunha vez- non é posible concibir unha cultura sen comunicación, sen os procesos de relación interpersoal, intercomunitaria, que permiten que un colectivo, con independencia das súas dimensións, se identifique nuns trazos compartidos ó longo da historia, da xeografia do contexto social que lles son propios.
Título Comunicación e cultura en tempos de redefinición
Actas das Xornadas celebradas os días 11 e 12 de decembro de 1998 en Santiago de Compostela
Coordinación Xosé López García
Xosé Antonio Neira Cruz
Autoría Joan Francesc Cánovas
Agustín Fernández Paz
Margarita Ledo
Bernat López
Xosé López García
Xosé Antonio Neira Cruz
José Manuel de Pablos
Ned Thomas
Ramón Zallo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Comunicación, 2000
Edición 1ª edición
Descrición física 91 p. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-09-7
Depósito Legal VG 366-2000
CCG. Signatura CCG 2000 169
Url externa Catálogo RBG
Evento Foro.
Medios de comunicación e identidade.
10/12/2007. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR