Elaborado polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, esta base de datos contén relatos de vida de 2.100 exiliados galegos da Guerra Civil española (1936-1939).
Este Repertorio bio-bibliográfico do Exilio Galego: Unha primeira achega, elaborado polo Arquivo da Emigración Galega, está concibido como unha ferramenta de traballo, plasmando a intención de confeccionar un censo con carácter totalizador, a pesar de que somos conscientes de que non figuran todos os nomes dos protagonistas do éxodo galego que se produciu dende 1936.
A base está composta por 2.141 rexistros que se corresponden con nomes de exiliados, homes e mulleres, ordenados alfabeticamente. Internamente estructúrase en diferentes campos nos que constan: síntese de datos biográficos do exiliado/a; lugar xeográfico no que se exilia; profesión antes e despois do exilio; organizacións políticas ás que se vincula; nome do barco no que realiza a viaxe. Complementariamente, e nos casos pertinentes, existe outro campo no que figura a obra intelectual realizada no exilio. Por último, aparecen as referencias bibliográficas e se é o caso as fontes orais que foron utilizadas para extraer a información, así como as referencias fotográficas das que temos constancia. Finalmente, e só nos rexistros que conteñen menor cantidade de información, aparece un campo con comentarios de carácter complementario.

Título | exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega, O Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela |
Notas |
Xosé M. Núñez Seixas |
Presentación |
Pilar Cagiao |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega, 2001 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 1 disco compacto ; 12 cm. |
ISBN | 84-95415-42-9 |
Depósito Legal | C 1924-2001 |
CCG. Signatura | CCG 2001 204 |
Materias |