Este volume, publicado para conmemorar o primeiro cabodano da morte de Carlos Casares Mouriño, concibiuse como unha homenaxe que se lle adica desde o Consello da Cultura Galega a quen foi o seu presidente entre 1996 e 2002. Foron convidadas a participar neste recoñecemento persoas de todos os ámbitos culturais que mantiveron estreitas relacións el, e o resultado destas colaboracións son este libro e o CD que o acompaña.
O libro contén escritos de creación literaria (poesía e narrativa), crítica e ensaios, así como a transcrición da intervención de Carlos Casares no Encontro de escritores galegos e portugueses, que se celebrou en Santiago de Compostela en 1991.
O CD que acompaña ao libro contén as narracións de varios textos literarios do autor, ademáis de tres pezas musicais interpretadas ao piano por Ramón Castromil e, para finalizar, o documento sonoro da disertación de Carlos Casares no Encontro de escritores antes mencionado.

Textos de Carlos Casares e voces narradoras:
“Frecuentou Carlos Casares a casa do teatro galego con aquela sabia discreción coa que soubo conducirse na súa vida. Agora, catro voces, representativas da nosa escena, percorren algunhas paisaxes da súa biografía literaria nun xesto que vai máis alá do conmemorativo. Quere ser a expresión dun agradecemento: por soñar un país cun gran teatro”. (Manuel Guede)
A rapaza do circo (Vento Ferido) / voz: Manuel Manquiña. -- Vou quedar cego (Vento Ferido) / voz: Miguel Pernas. --O xudeo Xacobe (Os escuros soños de Clío) / voz: Manuel Manquiña. -- Ilustrísima/ voces: Miguel Pernas, Xulio Lago, Elina Luaces. -- Deus sentado nun sillón azul / voz: Xulio Lago. -- O sol do verán / voz: Elina Luaces
[Director de son: Guillermo Vázquez Ríos; Coordinador artístico: Manuel Guede Oliva]

Obras musicais:
“As pezas A moza donosa e Bailecito foron interpretadas da miña man nunha velada no serán do día 8 de marzo de 2002, á que asistiu Carlos. Serán, pois, con toda probabilidade, as derradeiras composicións musicais que escoitou antes de deixarnos. Esta, e non outra, é a razón de que as escollese para este disco. Jeunes filles au jardin non é máis que unha florciña ventureira que cortei para Carlos no meu xardín”. (Ramón Castromil)
A moza donosa / Alberto Ginastera; piano: Ramón Castromil.-- Bailecito / Carlos Gustavino; piano: Ramón Castromil. -- Jeunes filles au jardin / Federico Mompou, piano: Ramón Castromil.
[Técnico de son: Pablo Barreiro]

Documento sonoro:
Carlos Casares: O morcego e as bolboretas. Intervención do autor no Encontro de Escritores galegos e portugueses. Santiago de Compostela, 1991.
[Técnica de son: Bea Pérez Mosquera (Arquivo Sonoro de Galicia), Federico Mompou]
Título Carlos Casares
A semente aquecida da palabra
Coordinación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Henrique Monteagudo
Autoría Xavier Alcalá
Marilar Aleixandre
Xosé María Álvarez Cáccamo
Xosé Carlos Caneiro
Xavier Carro
Carlos Casares
Arturo Casas Vales
Yolanda Castaño
Luisa Castro
Emma Couceiro
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Domingo Docampo
Francisco Fernández Rei
Víctor F. Freixanes
María Pilar García Negro
Salvador García-Bodaño
Silvia Gaspar
Manuel Guede
Bieito Iglesias
Xosé López García
Inmaculada López Silva
Arcadio López-Casanova
Ramón Loureiro
Marina Mayoral
Henrique Monteagudo
María Victoria Moreno
Xosé Neira Vilas
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
Xesús Pérez Varela
Luz Pozo Garza
Xerardo Quintiá
Xesús Rábade Paredes
Antón Riveiro Coello
Xavier Rodríguez Baixeras
Xosé Manuel Salgado
Luis Suñén
Xohana Torres
Andrés Torres Queiruga
Luís G. Tosar
Antón Tovar
Marcos Valcárcel
Xulio L. Valcárcel
Vítor Vaqueiro
Manuel Veiga
Dolores Vilavedra
Darío Villanueva
Helena Villar Janeiro
Ramón Yzquierdo Perrín
Fotografía Xurxo Lobato
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2003
Edición 1ª edición
Descrición física 277 p. : il., fot. ; 30 cm + 1 disco (CD-DA)(1:06:13 min.)
Notas Bibliografía e galardóns literarios de Carlos Casares: p. 41-45. Agradecémoslles a Kristina Berg e á Editorial Galaxia a autorización para reproducir os textos de Carlos Casares. Agradecementos das narracións no CD: Clave Records* e Zouma Records*. Agradecementos polo fondo musical utilizado nas narracións teatrais: Xerardo Moscoso (Aquí silencio); Keltoi (Cossa nostra, Alalá); Xeque Mate (Maruxa, Na beira da auga, Paisaxes); Na lúa (Non vén al maio, Estrela de maio); Doa (Carballesa, Cabalgata de Ribadavia e Festa de Loor); Nani García (Ela non virá); Fasero (Os teus ollos, Canço lladre); Beladona (Reiseñor); Mutenrohi (Teño sede, Nubeira).
O ficheiro comprimido adxunto (.zip) contén dez ficheiros de audio en formato mp3.
ISBN 84-95415-68-2
Depósito Legal NA 713-2003 (Libro) NA 494-2003 (CD)
CCG. Signatura CCG 2003 243
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
# Pista
1 Deus sentado nun sillón azul
2 Ilustrísima
3 O sol do verán
4 «A moza donosa»
5 «A rapaza do circo» (Vento Ferido)
6 «Bailecito»
7 «Jeunes filles au jardin»
8 «O morcego e as bolboretas». Carlos Casares no Encontro de escritores galegos e portugueses
9 «O xudeo Xacobe» (Os escuros soños de Clío)
10 «Vou quedar cego» (Vento Ferido)