Esta monumental obra, editada por Ernesto Viéitez Cortizo e José Manuel Rey Salgado, realiza un minucioso inventario da flora, da fauna e dos puntos de interese xeolóxico da Comunidade que están en perigo real ou potencial. Máis alá do diagnóstico da situación, o estudo pretende constituír un marco de referenza que axude aos xestores a establecer prioridades na conservación da natureza galega ante as ameazas causadas polo desenvolvemento urbano, rural e industrial.
A perda xeneralizada da biodiversidade silvestre constitúe un problema global que afecta a todo o planeta. Unha resposta a esta deterioración levou á aparición da Bioloxía da Conservación como ciencia ao servizo da protección da natureza, co obxectivo fundamental de diagnosticar e previr as causas que a provocan. Galicia mantivo un patrimonio natural ben conservado, considerado como dos máis ricos do sudoccidente europeo. Malia a súa biodiversidade, como consecuencia do desenvolvemento socioeconómico sufriu unha progresiva e constante deterioración. Afrontar unha xestión realista co fin de paliar e conter tal detrimento esixe un primeiro diagnóstico, que é o que pretende o presente libro.

Título | natureza ameazada 2004, A |
Edición |
Ernesto Viéitez José Miguel Rey Salgado |
Presentación |
Alfonso Zulueta |
Autoría |
Monserrat Brugués Domenech Fernando Cobo Gradín Marcos González González Jesús Izco Sevillano Fernando López González Francisco Novoa Docet José Luís Pérez-Cirera López-Niño José Miguel Rey Salgado Cecília Sérgio Victoriano Urgorri Juan Ramón Vidal Romaní |
Limiar |
José Miguel Rey Salgado Ernesto Viéitez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Patrimonio Natural, 2008 |
Edición | 1ª edición, 1ª reimpresión |
Descrición física | 819 p. [16] p. : il. ; 24 cm. |
Notas | Bibliografía ao final de cada capítulo.--Índice de nomes vulgares e científicos. Esta é unha reimpresión da 1ª edición, 2005. Existe unha versión previa: 1ª edición, 1989 |
ISBN | 84-95415-97-6 |
Depósito Legal | C 002-2005 |
CCG. Signatura | CCG 2008 344 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Base |
Materias |