No ano 2009 cumpríronse 50 anos da histórica conferencia do científico e escritor británico C. P. Snow que cuñou a expresión “as dúas culturas”. Ciencias e humanidades, dous xeitos de aproximación ao coñecemento que poden camiñar xuntos, que deben interaccionar e enriquecerse mutuamente.
Para debater sobre o tema o Consello da Cultura Galega xuntou nunha mesa de discusión catro escritores galegos que ademais traballan profesionalmente no ámbito da ciencia e da investigación.
Este volume recolle as achegas que se verteron nesa xuntanza.
Título Ciencia e humanidades: dúas culturas en colisión?
50 anos de As dúas culturas de C. P. Snow
Coordinación Xurxo Mariño
Autoría Marilar Aleixandre
Xosé Miranda
Xabier Paz
Xavier Queipo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Descrición física 51 p. : il., cor ; 25 cm.
ISBN 978-84-92923-12-0
Depósito Legal C 566-2011
CCG. Signatura CCG 2011 404
Url externa Catálogo RBG
Colección Autores & textos
Materias
Código QR