O Almanaque Gallego é unha publicación fundada polo lugués emigrado en Bos Aires Manuel Castro López. Comeza a publicarse en 1898 e remata en 1927, ano da morte do seu fundador. O seu obxectivo era manter unha relación estable e permanente entre as dúas Galicias daquela existentes: a vella europea e a máis nova, feita en América polos inmigrantes galegos. Esta edición facsimilar foi posible a través dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Nesta edición dixital inclúense todas as edicións da revistas e un libro impreso coas portadas.
Titulo | Almanaque gallego por Manuel Castro López (1898-1927) |
Autoría |
Manuel Castro López |
Estudo introdutorio |
Xosé Ramón Barreiro Fernández |
Presentación |
Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 1 memoria USB (852 MB) (Edición dixital) + 1 v. : lám. , cor ; 26 cm. |
Notas | Esta edición inclúe unha memoria USB coa dixitalización en formato PDF da revista Almanaque Gallego e un libro impreso coas portadas. |
ISBN | 978-84-92923-31-1 |
Depósito Legal | C 241-2012 |
CCG. Signatura | CCG 2012 416 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias |