O seguinte documento de traballo analiza os principais indicadores relacionados coa sociedade da información, así como a evolución das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia. O estudo efectúase mediante un dobre enfoque. Por unha banda, preséntanse resultados que permiten coñecer o grao de equipamento de produtos TIC (televisión, telefonía fixa e móbil ou equipamento informático) nos fogares galegos e o nivel do uso do ordenador, de Internet ou do comercio electrónico. Esta información elabórase a partir da Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de Información y Comunicación en los Hogares, realizada anualmente polo Instituto Nacional de Estadística. Por outra banda, e a través da enquisa feita pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), o informe aborda cuestións relacionadas co perfil do internauta galego e a evolución dos seus hábitos na utilización de Internet.
Título | TIC, redes e cultura, As |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 14 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
DOI | Carece |
Colección | Datos & Informes |
Materias | |
Código QR |