Nun momento no que Galicia tense que enfrontar aos retos que se lle esixen coa chegada da sociedade do coñecemento, a Sección de Ciencia recolle nesta publicación as conclusións dunha ducia de expertos que se reuniron nunhas xornadas que tiveron lugar no 2001 na Universidade de Vigo e que contaron coa participación de empresarios, xornalistas e xentes do mundo académico.
As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) reveláronse como o factor esencial dos cambios producidos a finais da década dos noventa na relación entre o progreso tecnolóxico e o crecemento económico. Mais, ¿existe realmente unha nova economía? ¿Percíbese unha correlación positiva entre, dunha parte, a consolidación da chamada sociedade do coñecemento, e, doutra, incrementos de productividade, ampliación dos mercados e redución da inflación? E por outro lado, ¿cales son os efectos territoriais da incorporación das TIC? ¿Crean estas un conxunto de novas oportunidades para cidades ou países antes afastados ou marxinais? No presente volume preténdese afondar na resposta a estas relevantes cuestión cunha mirada incisiva e plural. Recóllense aquí as achegas de notables especialistas en distintos campos –enxeñeiros, economistas e teóricos sociais-, convocados previamente a un seminario que organizou a Universidade de Vigo.
Titulo Información, tecnoloxía e territorio: Galicia ante a sociedade do coñecemento
Subtítulo = Information, technology and territory : Galicia in the face of the knowledge
Dirección Xosé Carlos Arias
Autoría Xosé Carlos Arias
Manuel Avendaño
Quim Brugué
Aníbal R. Figueiras Vidal
Ricard Gomá
Joan Majó
Juan Mulet
Emilio Ontiveros
Óscar Perelli
Vicent Soler
Joan Subirats
Joan Trullén
Limiar Domingo Docampo
Presentación Juan Rodríguez Yuste
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, 2002
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade
Descrición física 438 p. : il. ; 24 cm.
Notas Textos en galego, castelán e inglés
ISBN 84-95415-46-1
Depósito Legal VG 1255-2001
CCG. Signatura CCG 2002 229
Url externa pdf en liña
Colección Base
Materias
Código QR