O val de Fornela, situado en terras occidentais de León, preto de Galicia e de Asturias, é un lugar de encontro entre as formas culturais propias do oriente galaico e outras que podemos considerar plenamente leonesas. De aí que a Sección de Antropoloxía Cultural do C.C.G. considerase esta área como lugar apropiado para realizar un novo estudio monográfico dentro do proxecto Lindeiros da Galeguidade. Nas páxinas deste libro recóllense os resultados da investigación. Aspectos como a economía agraria, o comercio ambulante, as identidades e a relixiosidade, xunto con manifestacións diversas ou, nalgún caso, singulares, como as danzas fornelas e a cultura material da zona, debuxan un panorama no que se descobren peculiaridades e tamén afinidades coas formas culturais de Galicia.
Título Nos lindeiros da galeguidade: estudio antropolóxico do Val de Fornela
(etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía)
Autoría Xosé Manuel González Reboredo
Luís Costa Vázquez
Clodio González Pérez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Antropoloxía Cultural, 2002
Edición 1ª edición
Descrición física 694 p. : il. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-56-9
Depósito Legal C 1837-2002
CCG. Signatura CCG 2002 231
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR