Tipo: Informe Colección: . Materias:
Para consultas:
Compartir en:
A crise da EEB e as súas posibles repercusións na saúde humana a partir da vECJ supuxo un dos episodios de alarma social máis graves dos últimos tempos. Cambios de hábitos alimentarios de fondas repercusións económicas en determinados sectores foron as consecuencias máis inmediatas.
Os modos de comunicar e percibir o risco e, sobre todo, as reaccións que suscitaron, ó contrario do que sucedeu cos aspectos de diagnose e epidemiolóxicos, orixinaron pouco debate e reflexión na sociedade, a pesar de atoparse neles moitas das claves xustificadoras da crise.
Por iso o Consello da Cultura Galega, a partir da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e pasado xa un tempo dos momentos máis dramáticos da crise, elabora este documento de síntese, que é o froito dunha xornada que se celebrou o 25 de xuño de 2001, no que esta problemática é analizada dun xeito global e integrador por un panel de expertos e de representantes dos colectivos máis afectados, abranguendo tanto os aspectos médicos e veterinarios, como os que teñen un marcado carácter social e cultural. Van ser obxecto de estudio os datos máis ó día sobre os riscos, tanto animais como humanos, e as súas proxeccións de cara ó futuro, mesmo as incertezas que a ciencia non é capaz de aturar. Os xeitos de comunicación dos riscos e as percepcións serán examinados polos distintos colectivos e estratos sociais, insistindo nas claves sociolóxicas e antropolóxicas das respostas. E todo iso para chegar a unhas conclusións sobre como se xestionou o risco, os acertos e os erros, e, sobre todo, as experiencias que poden ser útiles de cara ó futuro.
Titulo Documento de síntese sobre a encefalopatía esponxiforme bovina e a variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2001
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
Descrición física 53 p. ; 17 cm.
Notas Texto en galego e castelán
ISBN. Ed. papel 84-95415-44-5
Depósito Legal. Ed. papel C 2034-2001
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2001 197
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10125086
Colección Informes
Materias
Código QR