Elaborado polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, esta base de datos contén relatos de vida de 2.100 exiliados galegos da Guerra Civil española (1936-1939).
Este Repertorio bio-bibliográfico do Exilio Galego: Unha primeira achega, elaborado polo Arquivo da Emigración Galega, está concibido como unha ferramenta de traballo, plasmando a intención de confeccionar un censo con carácter totalizador, a pesar de que somos conscientes de que non figuran todos os nomes dos protagonistas do éxodo galego que se produciu dende 1936.
A base está composta por 2.141 rexistros que se corresponden con nomes de exiliados, homes e mulleres, ordenados alfabeticamente. Internamente estructúrase en diferentes campos nos que constan: síntese de datos biográficos do exiliado/a; lugar xeográfico no que se exilia; profesión antes e despois do exilio; organizacións políticas ás que se vincula; nome do barco no que realiza a viaxe. Complementariamente, e nos casos pertinentes, existe outro campo no que figura a obra intelectual realizada no exilio. Por último, aparecen as referencias bibliográficas e se é o caso as fontes orais que foron utilizadas para extraer a información, así como as referencias fotográficas das que temos constancia. Finalmente, e só nos rexistros que conteñen menor cantidade de información, aparece un campo con comentarios de carácter complementario.
Título exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega, O
Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela
Notas Xosé M. Núñez Seixas
Presentación Pilar Cagiao
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega, 2001
Edición 1ª edición
Descrición física IX, 556, XVIII p. ; 30 cm.
ISBN 84-95415-43-7
Depósito Legal C 1872-2001
CCG. Signatura CCG 2001 203
Materias
Áreas
Código QR