Desde hai algún anos a cultura recuperou o camino que a leva de volta cara ao territorio. A cultura, desde o illamento relativo do que partía, relegada aos ámbitos do coñecemento, a creación e a pedagoxía, retoma hoxe o pulso da vida das persoas e mesmo o dos seus procesos sociais e económicos. Nos últimos tempos, e no contexto dunha sociedade cada vez máis cultivada e máis demandadora de bens dotados dun significado, a cultura converteuse na fonte inspiradora dalgunhas das iniciativas con maior transcendencia laboral e profesional. Todo isto veu acompañado da medra tanto a nivel social como económico das actividades e programas de carácter específico e tradicionalmente cultural. Hoxe en día as estratexias de acción cultural servíronlles a moitas cidades occidentais para promover dinámicas dunha gran transcendendia tanto a nivel da súa promoción como espazos atractivos para o turismo coma de cara a servir de soporte para múltiples empresas e industrias de orientación cultural. Por outra banda, a cultura, e máis en particular o legado patrimonial e a memoria, evidenciaron a súa capacidade para inspirar e dar contigo a algunas inciativas relevantes e anovadoras no ámbito de desenvolvemento local e turístico das nosas comarcas e comunidades locais.
Título Cultura e desenvolvemento local
Actas dos II Encontros Cultura e Concellos celebrados en Santiago de Compostela o 23 e 24 de xuño de 2000
Coordinación Xan Bouzada
Autoría Edmundo Araújo Gándara
Jesús Arpal Poblador
Xan Bouzada
Javier Centeno
Xosé Vicente Cid Torrajo
Juan Carlos Díaz Macías
Manuel González Fernández
Arturo Rodríguez Morató
Presentación Xan Bouzada
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001
Edición 1ª edición
Descrición física 143 p. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-45-3
Depósito Legal C 2384-2001
CCG. Signatura CCG 2001 194
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR