Traducción da obra de George Russo, "Lord Abbot of the Wilderness. The life and times of Bishop Salvado". O libro é unha biografía de Frei Rosendo Salvado, un tudense que foi pioneiro na exploración de Australia, no estudio da súa fauna e flora e da súa cultura aborixe.
Nos 150 anos que pasaron desde a fundación de Australia Occidental, entre tódalas grandes figuras que destacaron na súa historia, cómpre salientar un nome: o do bispo Salvado, misioneiro benedictino que traballou cos aborixes e foi fundador do asentamento misioneiro de Nova Nursia. Polo tanto, desde hai moito tempo sentíase a necesidade de publicar unha biografía deste personaxe. Esta obra ofrece un retrato da persoa do padre Salvado: a súa vida, obxectivos, logros, desafíos e fondas dificultades polas que pasou e a súa capacidade de aguante e incansable perseveranza. Tamén presenta unha descripción detallada do traballo que desenvolveu a favor dos aborixes de Australia Occidental, os seus logros, puntos de vista e métodos, así como do fracaso final do seu soño.
Non foi ata a época contemporánea cando Australia recoñeceu os dereitos humanos e a dignidade dos negros. Esta é a historia dun home que foi o primeiro que tratou os aborixes como seres humanos e como suxeitos merecedores de tódolos dereitos.
Este libro foi empregado para moitos traballos de investigación en Australia e especialmente en Italia e España. A historia que relata ten moitas facetas, pero o verdadeiro protagonista é o nobre e sacrificado bispo Salvado.

Título | señor Abade do Ermo, O A vida e a época do Bispo Salvado |
Autoría |
George Russo |
Tradución |
María Concepción Díaz-Fierros |
Obxecto de estudo |
Frei Rosendo Salvado |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Cultura Galega no Exterior. Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, 2001 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 353 p. : il. ; 24 cm. |
Notas | Tít. orix.: Lord abbot of the wilderness : the life and times of bishop Salvado. |
ISBN | 84-95415-39-9 |
Depósito Legal | C 1733-2001 |
CCG. Signatura | CCG 2001 213 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |