Cun estudo introdutorio de Benito Montero, e prologado por Miguel A. González, esta publicación reflicte a condena do poeta por “atentar contra do libre exercicio dos cultos” (ao entender, o xuíz de instancia de Ourense, que os versos de "Aires da miña terra" contiñan aldraxes e burlas a Deus e ao Papa) e a posterior revogación da sentenza pola Audiencia Territorial da Coruña, nun dos xuízos máis coñecidos do século XIX.

Benito Montero Prego -o autor do estudio- é fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra, xurista prestixioso cuns fondos compromisos coa nosa cultura e coa defensa e uso do noso idioma dabondo coñecidos, fai unha análise pormenorizada das circunstancias históricas nas que se procesa a Curros, das leis vixentes e da xurisprudencia ad hoc; o seu documentado traballo une como apéndice o edicto coa condena do bispo de Ourense, as dúas sentencias -a condenatoria e a que revoga e absolve- e o texto das defensas que fixeron no seu momento dous ilustres avogados: Juan Manuel Paz Novoa na primeira instancia e Luciano Puga y Blanco na apelación.
Título proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880-1881), O
Textos Benito Montero
Limiar Miguel Ángel González Trigás
Obxecto de estudo Manuel Curros Enríquez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Colexio de Avogados de Ourense, 2001
Edición 1ª edición
Descrición física 101 p. ; 24 cm.
Notas Coed. co Colexio de Avogados de Ourense
ISBN 84-95415-41-0
Depósito Legal C 1810-2001
CCG. Signatura CCG 2001 212
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR