O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Asociación da Prensa de Santiago de Compostela e coa Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, puxo en marcha un programa de traballo para coñecer mellor a situación en que os xornalistas desenvolven a súa actividade profesional.
Despois de varios estudios puntuais, a Ponencia de Comunicación considerou que era o momento de abordar un traballo máis global para dispoñer dunha radiografía da situación laboral e das actitudes profesionais nos medios de comunicación.
O traballo que recollemos nesta publicación, unha descrición da situación actual nos medios de comunicación de Galicia, proporciona información sobre a situación laboral, a realidade lingüística e as novas tecnoloxías. Trátase dun estudio con abundantes datos e unha detallada análise sobre a adaptación dos profesionais que traballan no campo do xornalismo ás novas tecnoloxías que están cambiando o escenario comunicativo.

Título | Condicións laborais e actitudes profesionais nos medios de comunicación |
Coordinación |
Miguel Túñez López Xosé López García |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Comunicación, 2000 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 160 p. : gráf. ; 16 cm |
ISBN | 84-95415-20-8 |
Depósito Legal | VG 824-2000 |
CCG. Signatura | CCG 2000 171 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Informe |
Materias | |
Código QR |