O obxectivo deste volume é analizar o papel que o teatro, nas súas variadas manifestacións, e as diferentes modalidades de práctica teatral poden ter nos procesos de desenvolvemento comunitario, entendendo que as iniciativas e actividades teatrais que se levan a cabo nos espacios e tempos propios do ocio e do tempo libre teñen máis obxectivos dos que tradicionalmente se derivan da participación ou recepción dun espectáculo.

Os diversos traballos que se inclúen nesta obra estudian polo miúdo a crecente importancia das actividades escénicas en moi diversos espacios e nas que participan múltiples colectivos sociais: na escola, en residencias da terceira idade, en asociacións veciñais e asociacións de mulleres ou en comunidades terapéuticas, sen esquecer as promovidas por entidades que loitan contra a exclusión social ou as potenciadas polas máis diversas institucións e organismos.

Neste volume vai ser analizada, por primeira vez en Galicia, a situación e perspectivas da Animación teatral, así como as súas posibilidades de desenvolvemento nos diferentes ámbitos que lle son propios (académico, institucional, profesional...), ó mesmo tempo que se presentan diferentes experiencias que servirán para complementar as achegas de carácter teórico.
Título Animación Teatral
Teorías, experiencias e materiais
Coordinación Manuel F. Vieites
Autoría Xan Bouzada
Francisco Brás
José Antonio Caride
Fernando Dacosta
Marcelino de Sousa Lopes
Franco Passatore
Héctor M. Pose
Alessandro Ricci
Pedro Pablo Riobó
Xavier Úcar
Víctor Juan Ventosa Pérez
Manuel F. Vieites
Presentación Damián Álvarez Villalaín
Manuel F. Vieites
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Música e Artes Escénicas. Comisión Técnica de Teatro, 2000
Edición 1ª edición
Descrición física 544 p. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-14-3
Depósito Legal VG 549-2000
CCG. Signatura CCG 2000 164
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR