A administración Local é hoxe en día aquela que dedica máis recursos e a que realiza maiores investimentos no eido da acción cultural. Desde a implantación do sistema democrático no noso país, os concellos desenvolveron un labor protagónico dirixido tanto a apoiar a recuperación da cultura tradicional e a promover a participación das asociaciónns e os creadores culturais como a facilitarlles aos públicos unha oferta cada vez máis elaborada. Esta dinámica está a provocar que os procesos e as políticas culturais se caractericen pola súa progresiva complexización. Os públicos resultan cada vez máis heteroxéneos e as súas demandas participativas crecentes. Por outra banda, a culta está a resultar nos últimos anos, e no contexto dunha xeira histórica marcada polo coñecemento e a información, un ben estratéxico e fundamental no actual estadio de redefinición social, económica e cultural das nosas sociedades. Os encontros que leva a cabo o Consello da Cultura Galega aspiran a achegar orientacións e criterios para afondar no coñecemento deste tipo de procesos sociais aos que hoxe nos enfrontamos.
Título Cultura e concellos: as estratexias da promoción cultural no ámbito local.
Actas dos I Encontros Cultura e Concellos celebrados en Santiago de Compostela o 27 e 28 de novembro de 1998
Coordinación Xan Bouzada
Autoría Antonio Blanco Rodríguez
Xan Bouzada
Iñaki López de Aguileta
Xavier Marcé Carol
José Luis Méndez
David de Prado Díez
Toni Puig
Víctor Juan Ventosa Pérez
Limiar Xan Bouzada
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2000
Edición 1ª edición
Descrición física 150 p. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-16-X
Depósito Legal VG 509-2000
CCG. Signatura CCG 2000 173
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR