Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 – Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer.

Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro.

A través dela descóbrese o relato dun persoeiro que vai máis alá de ser o fundador e director literario de Céltiga, unha das máis importantes revistas da emigración galega en América. Compílase unha nutrida representación dos seus escritos en prosa e en verso, asinados co seu nome ou baixo pseudónimos (Xandomar, Critias...), que permiten debuxar un home fondamente asentado na terra, un observador minucioso, culto e fondamente galeguista, dotado a partes iguais dun estilo irónico e crítico. Un escritor tenaz que teceu unha ponte entre o Río da Prata, polo que navegou, e o río Eo, no que se criou.
Título Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras
(Ribadeo e Río da Prata)
Edición Sylvia Pulpeiro
Pablo Rodríguez Fernández
Obxecto de estudo Eliseo Pulpeiro
Presentación Antonio Rodríguez Miranda
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Descrición física 292 p. : il. ; 24 cm.
ISBN 978-84-92923-66-3
Depósito Legal C 142-2016
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Estudos Migratorios
Evento Actividade institucional.
Libro «Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras» de Sylvia Pulpeiro.
23/2/2016. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR