Ed. dixital
Tipo: Documento de Traballo Colección: . Materias:
Para consultas:
Compartir en:
Este documento de traballo ten como obxectivo facilitar información sobre o equipamento material e humano das bibliotecas galegas, así como das actividades que realizan e o financiamento do que dispoñen para levalas a cabo. A fonte da que se nutre procede da Estadística de Bibliotecas. do Instituto Nacional de Estadística que se realiza dende 1959. Esta estatística elabórase conforme as recomendacións da UNESCO en materia de definicións e clasificacións que figuran no documento sobre normalización internacional das estatísticas de bibliotecas. Dende 1986 vénse desenvolvendo con carácter bienal e a partir do ano 2002 introdúcense algúns cambios, tales como a utilización dunha nova definición de biblioteca ou unha nova clasificación dos tipos de bibliotecas, e afóndase na investigación da implantación das tecnoloxías da información e a comunicación.
O ámbito de investigación confórmano todas as bibliotecas do territorio español, calquera que sexa a súa dependencia administrativa, a excepción das privadas cuxa utilización non estea permitida ao público e ao estudantado. A unidade de análise é a biblioteca, cuxa definición segundo a Norma ISO (International Organization for Standardization) 2789 é a seguinte: “Toda organización ou parte dunha organización, cuxo fin principal sexa reunir e manter unha colección organizada de documentos, así como facilitar o uso dos recursos de información co fin de satisfacer as necesidades informativas, de investigación, educativas, culturais ou recreativas dos usuarios”. Para fins estatísticos considerarase biblioteca a unidade administrativa, é dicir, toda biblioteca independente ou grupo de bibliotecas que teñan unha mesma dirección ou unha administración única; e, como punto de servizo, toda biblioteca que presta servizos aos usuarios e usuarias nun local á parte, tanto se é independente como se forma parte dun grupo de bibliotecas que constitúen unha unidade administrativa.
Titulo Estatística de bibliotecas
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 13 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal. Ed. pdf Carece
Colección Datos & Informes
Código QR