O profesor Xesús Alonso Montero e o escritor e filólogo Miro Villar editaron este facsímile dun curioso romance de cego (asinado por Un Percebe Copreiro de Cortegada, quizais L.R.B.) que se empregou como propaganda para o bando franquista durante a Guerra Civil.
Anexo á obra de Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega: textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate, material empregado polos relatores que participaron nas xornadas Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega, celebradas no Consello da Cultura Galega en 1999.
Título Resposta escontra unha inxuria
Romance de cego
Introdución Xesús Alonso Montero
Limiar Xesús Alonso Montero
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Lingua, 1999
Edición 1ª edición
Descrición física 32, [2], 8, [10],p. : il. ; 16 cm
Notas Reprod. facs. da ed. de: Vigo : [s.n], 1936 (Artes Gráficas Gutenberg)
CCG. Signatura CCG 1999 160
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR