Este documento de traballo presenta información relativa ao emprego cultural en Galicia dende catro enfoques diferentes: emprego cultural, afiliacións á Seguridade Social, paro e contratos rexistrados. Para levar a cabo a primeira análise incluíronse, tendo en conta a enquisa de poboación activa (EPA) realizada polo INE, as persoas ocupadas que desenvolven a súa actividade laboral no ámbito cultural establecendo un criterio conxunto para fixar tanto as ocupacións como as actividades económicas culturais. A segunda análise realizouse a partir dos datos das afiliacións á Seguridade Social publicados polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, que proporcionan información detallada no tocante á distribución xeográfica, réxime de cotización e rama de actividade, aínda que reduce o campo de estudo ás empresas culturais, quedando fóra, polo tanto, aqueles traballadores/as con ocupacións culturais noutro tipo de actividades económicas. Tamén se mostra información relativa ao paro a partir da explotación dos datos que se ofrecen por parte do Instituto Galego das Cualificacións que provén dos rexistros de demandantes nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia. Desta mesma fonte saen os datos relativos a contratacións no ámbito da cultura, da que se ofrece información sobre os contratos rexistrados e introducidos no proceso estatístico de cada ano.
Título emprego cultural en Galicia, O
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Descrición física 13 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
DOI Carece
Colección Datos & Informes. O emprego cultural en Galicia
Materias
Áreas
Código QR