Alexandre Bóveda foi durante a Segunda República un membro destacado do Partido Galeguista, do que foi secretario de organización e secretario xeral, e tivo un papel moi importante na elaboración do Estatuto de autonomía de Galicia.
Por estas actividades políticas, sendo xefe de contabilidade da Delegación de Facenda de Pontevedra, foi fusilado o 17 de agosto de 1936.
Na bibliografía sobre a súa vida, as referencias á súa carreira profesional e administrativa son incompletas e imprecisas. Nesta obra trátase de precisar e completar estes datos e, á vez, dar a coñecer a súa figura, actividade e tráxico destino final máis alá da súa terra, Galicia, e sobre todo aos funcionarios do Ministerio de Facenda, os seus compañeiros, que descoñecen a súa figura polo silencio imposto sobre a súa persoa e actividades tras a Guerra Civil.

Título | Alexandre Bóveda. Mártir del nacionalismo gallego, funcionario de Hacienda |
Autoría |
Rafael Muñoz López-Carmona |
Obxecto de estudo |
Alexandre Bóveda |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 117 p. (Edición dixital) |
Notas | Esta edición dixital é unha adaptación do libro publicado por Punto Rojo Libros, S.L. en marzo de 2016 |
DOI | 10.17075/abmng.2017.es |
Colección | Publicacions dixitais |
Materias | |
Código QR |