Unha das novidades científicas máis salientables do século XIX foi a maioría de idade que acadou a química. Asentáronse as bases conceptuais desta ciencia e sobre elas desenvolvéronse, nun proceso incriblemente rápido para o que é o devir das ciencias, as diferentes teorías que serviron para coñecer a constitución e comportamento da materia. En Galicia, esta nova disciplina chegou nas primeiras décadas do século XIX cando os colexios prácticos da Universidade de Santiago tentaron poñer ao día o ensino superior. Maiormente coa creación do Colexio de Farmacia de San Carlos no ano 1815, onde os discípulos de Proust e seguidores das novas teorías de Lavoisier comezaron por primeira vez a falar esta nova linguaxe. A partir deles, nun proceso que tivo moitas sombras pero tamén momentos de fulgor, a nova química foi deixando as súas pegadas nesta terra. A estes pioneiros e a todos os que os seguiron neste decisivo século XIX vai dedicado este libro.
Titulo comezos da química moderna en Galicia e a súa proxección no século XIX, Os
Subtítulo Bicentenario da fundación do Colexio de Farmacia de Santiago de Compostela (1815-2015)
Coordinación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Autoría Manuel R. Bermejo
Ramón Cid
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Xosé Antón Fraga
J. Santiago Sanmartín
Rafael Sisto
Limiar Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 171 p. ; 24 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-92923-79-3
Depósito Legal. Ed. papel C 2226-2016
ISBN. Ed. pdf 978-84-92923-79-3
Depósito Legal. Ed. pdf C 2226-2016
Colección Ensaio & Investigación
Materias
Código QR