O seguinte documento presenta información relacionada coa actividade da música en Galicia e estrutúrase en dous bloques fundamentais: a música clásica e a música popular. O informe está conformado por unha serie de indicadores cos que se pretende dar unha visión precisa sobre o panorama musical galego: número de concertos, espectadores, recadación ou gasto medio por espectador, entre outros. Co fin de obter unha percepción máis obxectiva, o documento amosa, ademais, unha comparativa territorial, tanto co resto das comunidades autónomas de España como coa media estatal, á vez que se establece unha análise da evolución temporal dos datos.

[Data da nota de prensa: xullo 2017]

Título música en Galicia [2017], A
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017
Edición 1ª edición
Descrición física 21 p. : gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR