[Data de publicación: xaneiro 2018]
Este informe fai un percorrido pola historia do Centro Gallego de Bos Aires dende a súa creación. O Consello da Cultura Galega, alén de manifestar a súa fonda preocupación pola situación en que está inmerso na actualidade, entende que se deben desenvolver actuacións concretas para salvagardar o patrimonio cultural (artístico, documental, bibliográfico, musical e hemerográfico) que custodia o Centro porque constitúe un legado imprescindible que, como tal, merece ter o máis alto grao de protección xurídica que garanta a súa integridade e a súa conservación no futuro, en canto relevante manifestación material e inmaterial (mesmo simbólica) da cultura de Galicia.Titulo | Informe sobre os fondos patrimoniais e culturais do Centro Gallego de Bos Aires |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 9 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
Materias | |
Código QR |