[Data de publicación: xaneiro 2018]
Os fondos pictóricos do MGACM, xunto co edificio que os alberga, recollen un conxunto artístico e arquitectónico único pola calidade das obras que a compoñen e polo alcance simbólico e representativo da evolución da arte contemporánea galega dos últimos tempos.Coa finalidade de verificar oficialmente con criterios científicos, académicos e técnicos a recoñecida relevancia dos mesmos, e o seu coherente tratamento e
consideración, de xeito que quede acreditado, con todas as garantías xurídicas necesarias, que estamos ante uns valores culturais que, como conxunto, merecen o alto grao de protección, o Consello da Cultura Galega elabora este informe de cara a preservar a integridade da colección e o seu acceso para o estudo e gozo por parte de toda a sociedade galega.
Titulo | Informe sobre o valor patrimonial do conxunto artístico e arquitectónico integrante do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside (O Castro-Sada) |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 15 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
DOI | Carece |
Materias | |
Código QR |