Compartir en:
Esta mostra e publicación peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau é pioneira na escolla das temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operación na corda frouxa que ten como albo construír unha obra pegada ao real. Talvez por iso poidamos aplicarlle ao contexto no que fotografou, a Galiza de fins dos setenta, a opinión de Eco cando di que as vicisitudes do noso século [dos curtos anos setenta] están resumidas por poucas fotografías exemplares que fixeron época.
Titulo Anna Turbau
Galicia 1975-1979
Fotografía Anna Turbau
Coordinación Natalia Poncela
Presentación Ramón Villares
Textos Emilio Grandío
Margarita Ledo
Rebeca Pardo
Cristina Zelich
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017
Edición 1ª edición
Descrición física 419 p. : principalmente il., br. e n.; 29 cm.
Notas Texto en galego; versións en español e inglés. O Consello da Cultura Galega organizou a mostra A intimidade da imaxe: Anna Turbau, comisariada por Margarita Ledo Andión [Pazo de Fonseca, 19 utubro-10 decembro 2017]
ISBN 978-84-92923-86-I
Depósito Legal C 1690-2017
Materias